PANEL PROJECT

emerxencia PANdémica e E-Learning: metodoloxías innovadoras de aprendizaxe e ensino

 

Aprender máisContacta connosco

Obxectivos do proxecto

O proxecto ten como obxectivos:

1. Proporcionar ao profesorado suxestións e ferramentas informáticas para superaren as dificultades na contorna de aprendizaxe en liña.

2. Mellorar as metodoloxías de formación na contorna da aprendizaxe en liña nas seguintes áreas: aprendizaxe de linguas estranxeiras, obradoiros artísticos, benestar físico e mental, TIC.

3. Motivar os adultos con poucas habilidades informáticas para participaren activamente nun entorno de aprendizaxe electrónica.

 

Este proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación reflicte unicamente os puntos de vista da autoría e a Comisión non se fai responsable do uso que poida facerse da información contida nela.

 

Resumo

O proxecto PANEL (emerxencia PANdémica e E-Learning: metodoloxías innovadoras de aprendizaxe e ensino) naceu dunha observación: o gromo da pandemia da Covid-19 dificultou moito que as persoas con poucas habilidades no campo das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) seguisen os cursos de capacitación en liña. O corpo docente tivo que se adaptar tamén a este novo modo de formación. Con todo, o desenvolvemento da educación a distancia pode supor un impulso decisivo non só para implementarmos importantes medidas estruturais, senón tamén para difundirmos e elevarmos o nivel de alfabetización dixital. O tema das competencias dixitais é crucial tanto para docentes, que precisan dunha ampla variedade de habilidades de comunicación dixital, ferramentas para ensinar no contexto actual, como para adultos con poucas habilidades no campo das TIC, para quen as aulas en liña son máis difíciles de seguir e os cursos de formación máis difíciles de ser completados.

Socios

Resultados do proxecto

O obxectivo do proxecto é crear pautas que poidan axudar o profesorado no deseño de actividades de formación en liña co obxectivo de orientar adultos pouco cualificados no campo das TIC a completaren os cursos. Para acadarmos este obxectivo, as actividades do proxecto desenvolveranse en: – unha fase inicial de investigación sobre os problemas e necesidades de profesorado e alumnado – posta en común das análises e avaliacións realizadas – elaboración de 4 programas piloto baseados nas avaliacións realizadas -actividade de formación de formadoras sobre as novas metodoloxías – experimentación das metodoloxías – implementación das orientacións para o profesorado.

Resultado 1 do proxecto: Informe de avaliación de cuestionarios para docentes e alumnado e boas prácticas en relación cos cursos de aprendizaxe en liña.

Co fin de avaliarmos as necesidades de persoas formadoras e usuarias de TIC pouco cualificadas e poder preparar cursos de aprendizaxe en liña eficaces utilizando metodoloxías atractivas, prepararanse cuestionarios para profesorado e alumnado. A continuación, levarase a cabo unha análise dos cuestionarios para recollermos indicacións sobre os problemas cos que se enfronta o profesorado e o alumnado e as súas necesidades de ensino e aprendizaxe. Tamén se realizará unha análise das boas prácticas en metodoloxías de aprendizaxe en liña en relación ás metodoloxías empregadas en todos os países, que estará dirixida a todas as partes interesadas, incluídas aquelas que non están directamente implicadas no proxecto. Ao final, compartiranse os resultados dos cuestionarios e as boas prácticas por parte dos socios e prepararase un informe que saliente as metodoloxías máis efectivas, que serán empregadas para a formación e-learning dos itinerarios formativos relacionados coas 4 áreas de aprendizaxe definidas. O estudo realizado tamén permitirá identificarmos procesos correctos para o desenvolvemento de accións formativas noutras áreas de actividade, pois as necesidades e problemas que xorden para poder seguir un curso de E-learning de maneira efectiva son detectados polas persoas aprendizas.

Resultado 2 do proxecto: Preparación de programas piloto

Con relación ao informe que contén as dificultades que enfronta o profesorado a nivel metodolóxico e o alumnado con dificultades no uso das TIC e/ou multimedia para completaren cursos realizados só en modo de aprendizaxe en liña, os socios elaborarán metodoloxías para a realización de cursos piloto que, ao empregaren as boas prácticas existentes, poderán superar as dificultades atopadas na realización dos cursos. Prepararase, polo tanto, un curso de formación para cada unha das catro áreas de formación consideradas. Tamén se elaborará un formulario que conteña os métodos para resolver as principais dificultades técnicas encontradas no uso da plataforma, tamén en relación coas solicitudes que poida facer o alumnado durante as leccións. Realizarase unha análise das necesidades do profesorado e do alumnado para proporcionarmos formación en liña que permita aos adultos con baixas habilidades informáticas superaren as dificultades de integración e socialización nas comunidades en liña. O estudo realizado tamén permitirá identificar procesos exemplares para o desenvolvemento de actividades de formación noutras áreas, pois son as persoas aprendizas as que detectan as necesidades e problemáticas que xorden para seguiren de forma efectiva un curso en liña. As actividades serán coordinadas por Kainotomia e MDCD de Modi’in.

Resultado 3 do proxecto: Implementación de directrices para as persoas formadoras

O desenvolvemento das directrices para os itinerarios formativos de e-learning, especialmente no que se refire á participación de alumnado con escasas competencias informáticas, basearase en primeiro lugar na experimentación dos itinerarios e na súa avaliación. A realización das directrices desenvolverase nos últimos meses de vida do proxecto, durante os cales se realizarán modificacións/adicións de acordo á avaliación. As directrices son innovadoras porque teñen como obxectivo ofrecer novas metodoloxías para docentes que tiveron que modificar os seus métodos de formación para acomodar a aprendizaxe en liña durante o período de suspensión das clases presenciais pola pandemia. As directrices tamén poden ser utilizadas para o desenvolvemento de programas de capacitación utilizando unha metodoloxía mixta (en liña e presencial) e tamén poden adaptarse ao desenvolvemento de actividades de capacitación en áreas non cubertas polo proxecto.

Novas

13.03.2022

Kick-off meeting in Israel
13th and 14th of March 2022

All PANEL partners gathered in Israel for the kick-off meeting of the PANEL project. This meeting, held in a hybrid format, was the opportunity for the partners to meet and plan the work for the first months of the project.

Universita della Libereta, the coordinator, presented the general aspects of the project and partners got the opportunity to ask any needed clarification to ensure a smooth delivery of the project’s results.

Partners discussed in details the project result 1 “Evaluation report of the teachers and learners questionnaire and of the best practices about e-learning courses”, under the lead of the University of Malaga.

The meeting was a great success thanks to the warm welcome of our Israeli partner, Modiin Municipality!

03.2022

PANDEMIC EMERGENCY AND E-LEARNING Innovative learning and teaching methodology.

Newsletter 1…

08.11.2022

PANDEMIC EMERGENCY AND E-LEARNING Innovative learning and teaching methodology.

07.03.2023

PANDEMIC EMERGENCY AND E-LEARNING Innovative learning and teaching methodology.

Newsletter 2

15.11.2022

Transnational partners’ meeting
Ferrol, Spain – 15th and 16th of November 2022

All PANEL partners were welcomed in Galicia by the Escola Oficial de Idiomas de Ferrol in order to discuss the work achieved during the first months of the project and plan the next steps to be taken by the partnership.

The meeting allowed partners to have a clear view on the actions to be taken to finalize the first result of the project “Evaluation report of the teachers and learners questionnaire and of the best practices about e-learning courses” as well as establish a clear work plan for the elaboration of the second project’s result “Pilot programme implementation”.

Partners got the opportunity to meet the mayor of Ferrol and present the PANEL project. They also were able to visit an innovative teachers’ training center.

The meeting was a real success and partners enjoyed it a lot!

Chega connosco

SOLUTION: Solidarité & Inclusion

 Street,
Paris, France

Deixar unha mensaxe